Saltar ao contido

Bernard Berenson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBernard Berenson

(1917) Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoBernhard Valvrojenski
26 de xuño de 1865 Editar o valor en Wikidata
Vilnius, Lituania Editar o valor en Wikidata
Morte6 de outubro de 1959 (94 anos)
Florencia, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVilla I Tatti (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaVilla I Tatti (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo e catolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - literatura (1884–1887)
Universidade de Boston (1883–)
Boston Latin School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura do Renacemento e estudo da historia da arte Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Florencia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador da arte, Connoisseur, coleccionista de arte, crítico de arte, historiador, escritor, photography collector (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1889 Editar o valor en Wikidata - 1959 Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosIsabella Stewart Gardner (pt) Traducir e Maud Cruttwell Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeMary Berenson (1900–) Editar o valor en Wikidata
PaisAlbert Valvrojenski Editar o valor en Wikidata  e Judith Mickleshanki Editar o valor en Wikidata
IrmánsSenda Berenson
Abram G. 'Abie' Berenson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) Traducir
Library of the World's Best Literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Valvrojenski-1

Bernard Berenson, nado co nome de Bernhard Valvrojenski en Vilnius (Imperio Ruso) o 26 de xuño de 1865 e finado o 6 de outubro de 1959, foi un historiador da arte estadounidense, especializado na arte do Renacemento.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia xudía da rexión de Vilnius, no Imperio Ruso, emigrada en 1875 a Boston, mudando o apelido a Berenson. Estudou na Universidade de Boston e na de Harvard, logo de se licenciar cunha tese sobre Nikolai Gógol en 1887, varios profesores e amigos entre elas a filantropista Isabella Stewart Gardner pagáronlle unha viaxe por Europa para ampliar coñecementos. Visitou galerías de arte e museos en Inglaterra, Alemaña e Italia, e tras acabar os cartos dedicouse á compra venda de arte para coleccionistas adiñeirados e museos, converténdose nun dos grandes connoisseur da primeira metade do século XX. Despois de coñecer a Mary Smith en 1890 en Inglaterra comezou a escribir libros sobre a arte italiana do Renacemento, o primeiro foi The Venetian Painters of the Renaissance with an Index to their Works (1892). Deuse a coñecer internacionalmente en 1895 con ocasión dunha exposición de pintores renacentistas en Londres ó publicar unha revisión crítica da exposición demostrando que das 33 obras que o catálogo oficial atribuía a Tiziano só unha era realmente súa.[1]. Seguiu a publicar obras fundamentais no desenvolvemento do coñecemento da arte renacentista italiana seguindo os métodos de Giovanni Morelli[2] Lorenzo Lotto, an Essay on Constructive Art Criticism (1895), The Florentine Painters of the Renaissance (1896), The Central Italian Painters of the Renaissance (1897). Dedicou seis anos ó que se considera a súa mellor obra The Drawings of the Florentine Painters, publicada en 1903. En 1907 publicou The North Italian Painters of the Renaissance. En The Italian Painters of the Renaissance (1930), incluíu gran parte das súas primeiras obras.

  1. Michael Hatt e Charlotte Klonk Art History: A Critical Introduction to Its Methods, Manchester University Press, 2006, ISBN 0-7190-6959-9, páxina 57
  2. Richard Offner e Andrew Ladis A Discerning Eye: Essays on Early Italian Painting, Penn State Press, 2008, ISBN 0-271-02793-2, páxina 22